A Banda de Música de Vilagarcía arranca no Parque da Coca o seu ciclo de concertos na rúa
Por Redacción
Coa chegada do bo tempo, boa parte da actividade lúdica e cultural trasládase aos espazos abertos e ao aire libre. Un dos programas tradicionais en Vilagarcía é "A Banda na Rúa" que comeza esta mesma fin de semana cunha parada no Parque da Coca.
Dende entón e ata finais de xullo, a Banda de Música de Vilagarcía ofrecerá un total de cinco concertos en distintas rúas, barrios e prazas do municipio, pasando ademais de pola Florida, polo Piñeiriño, Ravella, Vilaxoán e Carril.
O concreto inaugural do ciclo deste ano será o domingo, 14 de maio, no Parque da Coca e baixo a modalidade dunha sesión vermú, posto que a formación dirixida por Jesús Nogueira, actuará a partir das 13 horas.
Esta será a única actuación da Banda na Rúa a realizar no mes de maio. As catro citas restantes desenvolveranse no mes de xullo. A primeira o 2 de xullo, tamén a mediodía, no Piñeiriño; o 14, pero en sesión de "tardeo", na Praza de Ravella a partir das 21 horas. Unha hora máis tarde comezará o concerto na Praza Rafael Pazos, en Vilaxoán, o 15 de xullo, coincidindo coas festas do Carme. E o ciclo rematará o 25 de xullo en Carril, co concerto ás 13 horas na Praza da Liberdade e no marco das celebración do Apóstolo.
O ciclo de concertos "A Banda na Rúa" está incluído no convenio de colaboración mediante o que o Concello de Vilagarcía financia estas e outras actividade da Banda de Música co obxectivo de que a música da agrupación chegue a diferentes puntos da cidade e estea presente nas festas de todas as parroquias.
Relacionadas:
-
Costas proxecta as actuacións para erradicar a praga de cadillo e mellorar a calidade da area da Concha-Compostela
Por Redacción |
-
Así será o inicio do "mes" das Letras Galegas en Vilagarcía
Por Rosalía Rico Otero |
-
Avariadas dez bicicletas do Vaibike! por facer chimpos con elas ou subir unha segunda persoa ao cesto
Por Redacción |