Juan J. Ochoa ofrece o Concerto Electropiano Preparado no Conservatorio Manuel Quiroga
Por Redacción
O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga alberga este xoves 18 de maio ás 20.30 horas o denominado Concerto Electropiano Preparado, a cargo do pianista e compositor Juan J. Ochoa.
A proposta céntrase nunha combinación de piano clásico contemporáneo e tecnoloxía. Juan J. Ochoa presentará un estilo innovador e creativo con son electrónico creando atmosferas sonoras envolventes.
Ao longo do concerto, este creador presentará algunhas das súas pezas máis destacadas, que obtiveron grandes críticas nacionais e internacionais.
A entrada ao evento é libre ata completar a capacidade do auditorio do conservatorio, que se atopa na avenida Virxinia Pereira Renda, número 4 de Pontevedra.