O Cineclube Pontevedra despide a tempada con ‘Disturbios’ e ‘Xente en domingo’
Por Redacción
O Cineclube Pontevedra despide a tempada no Teatro Principal recuperando un título da pasada edición do festival Novos Cinemas: 'Disturbios' (2022), do suízo Cyril Schäublin.
O Cineclube aproveita a ocasión para acompañar este filme de 'Xente en domingo' (1930), de Robert Siomak e Edgar G. Ulmer, que será a escolla para o Luns de Filmoteca.
A proxección de 'Xente en domingo' xunto a 'Disturbios' é unha proposta do propio Cyril Schäublin para a iniciativa 'Tándem', da distribuidora Lost & Found, concibida como unha carta branca a cineastas con filmes en estrea, que escollen un filme do pasado que influíra na súa obra.
As dúas sesións proxectaranse subtituladas en galego.
O luns 5 de xuño será a cita para 'Xente en domingo' e o martes 6 de xuño para 'Disturbios'. Ambas no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:30 horas.