Pitusa Semifusa animará Pontevedra no Día Europeo da Música
Por Redacción
O mércores 21 de xuño conmemórase o Día Europeo da Música e a Deputación de Pontevedra organiza unha acción na avenida de Montero Ríos, no exterior do Pazo provincial, baixo o lema 'Música para xirar ou mundoª'.
A cita será ás 17.30 horas co concerto familiar de Pitusa Semifusa, espectáculo a dúo composto por voces, piano e pandeireta dirixido a escolares no que se mostra de maneira divertida cada un dos instrumentos que se utiliza para crear interpretar estilos musicais como o rock, o reggae ou o funky.
Olga Brañas é a creadora das cancións do espectáculo sonoro no que unha nena mostra interese por coñecer cada un dos instrumentos.
O concerto é aberto ao público. Aquelas persoas que queiran reservar unha cadeira poderán facelo a través do correo participa.cultura@depo.gal