Día Europeo da Música, día de celebración familiar con Pitusa Semifusa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Último día escolar do curso e xornada de conmemoración con motivo do Día Europeo da Música. Por este motivo, durante a tarde deste mércores 21 de xuño, público familiar e, principalmente, infantil achegábase ata o exterior do Pazo Provincial para divertirse e aprender curiosidades sobre os instrumentos musicais.
Pitusa Semifusa ofrecía o espectáculo 'Música para xirar ou mundo!', unha actuación promovida pola Deputación de Pontevedra.
A voz, o piano e a pandeireta tiveron protagonismo da man do dúo formado por Olga Brañas e a cantante Andrea Picos, co seu alter ego Pitusa Semifusa ofrecendo momentos de rock, funky ou reggae facendo bailar ás persoas que seguiron o show desde as escalinatas do Pazo Provincial.
A proposta busca que o público infantil coñeza detalles sobre a creación musical e os múltiples estilos que se poden escoitar provocando distintos estados de ánimo e xerando estímulos que permiten bailar e animarse.