Os Folieiros despedirán este domingo o XXIV Memorial Ricardo Portela
Por Anxo Lourido
O XXIV Memorial Ricardo Portela continúa este domingo despois de que na tarde do sábado se celebrara unha emotiva homenaxe ao gaiteiro que dá nome a este evento e tamén a Concha de Luneda, unha pandereteira xa falecida e gran difusora da música tradicional galega.
O acto completouse co concerto de Xistra de Coruxo, na praza da Ferrería, congregando a numeroso público.
Este domingo finaliza o Memorial con pasacalles desde as 11.30 ata as 18.00 horas a cargo de Aires do Coutado, Boudebou, Os outros Feirantes e Seimeira.
A xornada finaliza co concerto na Praza da Ferrería dos Folieiros. Será a partir das 21.00 horas.
Durante toda a xornada, as persoas interesadas terán a oportunidade de visitar a XXI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, que permanece no Paseo de Antonio Odriozola.
- Momento da actuación de Xistra de Coruxo: