23 funcións encherán Vilagarcía de risas, maxia e circo no Festaclown
Por Anxo Lourido
O Festaclown volve a Vilagarcía de Arousa entre o xoves 10 e o martes 15 de agosto baixo o lema 'A festa da risa'. Este mércores presentábase este evento con 23 eventos que ofrecerán humor, maxia, acrobacias, circo e narración oral nas rúas da vila.
Durante o xoves 10 iniciaranse as actividades de animaclown e o venres 11 ás 21.00 horas, Leo Bassi, presentará '70' na inauguración do Festaclown nun acto que se desenvolverá no Auditorio Municipal.
Artistas como os brasileiros da compañía Circo de Ata; a valenciana Finistra Nou Circ; ou a etíope Kine Circus, que traballa en Adís Abeba con menores en risco de exclusión, ofrecerán os seus espectáculos durante estas xornadas.
Tamén artistas galegos como Mago Teto, ilusionista que estreará o seu espectáculo 'Rock&Magic' co que finalizará o festival o 15 de agosto. Tanxarina, Vero Rilo ou Piscore tamén ofrecerán propostas escénicas nesta edición.
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, acudía á presentación e sinalaba que este encontro forma parte das máis de 2.500 actividades que a Xunta pon en marcha este verán baixo o lema 'A cultura en Galicia é un CulturON'. Ao acto tamén acudía o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e o Mago Teto ofrecía un pequeno número de maxia.
Relacionadas:
-
O concerto de Rayden e o final do Festaclown amenizarán este luns as Festas de San Roque en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Leo Bassi oficiará unha "misa patólica" no Festaclown de Vilagarcía en memoria do clown Jango Edwards
Por Anxo Lourido |
-
Panorama, De Vacas, Take it Easy e Roi Casal animarán a Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Un curso con Leo Bassi en Vilagarcía de Arousa para axudarnos a descubrir "o pallaso que levamos dentro"
Por Redacción |