Bota a andar o 20 aniversario do Festival SonRías Baixas en Bueu
Por Redacción & Diego Torrado
O vixésimo aniversario do Festival SonRías Baixas xa está aquí e este xoves viviu a súa primeira xornada musical e confirmou que está afianzado xa como unha das grandes citas musicais do verán da península do Morrazo.
Este ano xa o mércores houbo celebración, pois adiantouse a apertura da zona de acampada e tivo unha festa de inauguración ambientada con música e food trucks para recibir aos primeiros festivaleiros, pero a festa real chegou este xoves, co inicio dos concertos.
Esta primeira noite estivo protagonizada por dúas bandas que regresaronn ao festival para celebrar o seu 20 aniversario: Lendakaris Muertos, que descargaron o seu punk ortodoxo, rápido e cheo de letras irónicas combinando humor e crítica social; e Boikot, que desbordaron o seu punk rock urbano cheo de compromiso social e letras con mensaxe.
Completaron a xornada ETS; 30s40s50s, formada por Bely Basarte, David Otero e Tato Latorre; Samuraï; e Santa Salut.
Para este venres 4 o festival terá como cabeza de cartel dende o Escenario Fest Galicia ao dúo de rap madrileño Natos y Waor, que chegan a Bueu para presentar os temas do seu cuarto disco, 'Luna llena'.
Tamén actuarán La Ganga Calé; Muyayo Rif, o colectivo Tremenda Jauría; Lia Kali, Queraltz Lahoz e Cool Nenas.
A programación pechará o sábado 5 con La Pegatina, que este 2023 celebra, ao igual que o festival, dúas décadas en activo; e Macaco, que chega ao SonRías Baixas para presentar 'Vuélame el corazón' e Arde Bogotá, convertidos nunha das bandas revelación de 2023.
Completan a programación do sábado a formación bosnia Dubioza Kolektiv; LaMontagne & PicoAmperio; María de Juan; Grande Amore; Ninhodelosrecaos DJ, alias tras o que se agocha Rubén Sierra Jiménez, cantante e guitarrista de La Pegatina; Lamatumbá; e Ortiga e Pili Pampín.
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas xa ten datas para 2024: do 1 ao 3 de agosto
Por Redacción |
-
Conclúe cunha intensa xornada o espectacular Festival Sonrías Baixas 2023
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Espectacular segunda xornada de concertos do #SonRías20Aniversario
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Conta atrás para conmemorar as dúas décadas do Festival SonRías Baixas en Bueu
Por Redacción |
-
Rías Baixas Fest 2023 ofrece propostas de ocio espectaculares ata o 10 de setembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Así será a distribución de artistas por días no SonRías Baixas 2023
Por Oskar Viéitez |
-
Natos y Waor, La Pegatina, Arde Bogotá, Boikot e Macaco encabezarán o SonRías Baixas 2023
Por Alejandro Espiño |
-
O vinte aniversario do SonRías Baixas encherá Bueu de música os días 3, 4 e 5 de agosto
Por Redacción |