Bejo, Rebeliom do Inframundo, Lamatumbá e Dakidarría, sons urbanos para o Miradoiro de Monte Porreiro
Por Redacción
Nas noites do martes 8 de agosto e do mércores 9 de agosto, o Miradoiro de Monte Porreiro acollerá o ciclo musical 'Urbana Monte Porreiro', cos concertos de Bejo, Rebeliom do Inframundo, Lamatumbá e Dakidarría.
Demetrio Gómez, concelleiro de Festas, indicou que a intención do goberno local é levar os concertos e as actividades máis aló do centro da cidade. E explicou que este espazo da urbanización repite como escenario dun festival de cultura urbana "de primeira orde", que se inclúe nas Festas de Verán.
Durante os dous días, os concertos iniciaranse ás 21.00 horas coas bandas de primeiro nivel "que actúan con frecuencia neste tipo de formato levantando auténticas paixóns", sinalou o concelleiro.
Na xornada do martes subirá ao escenario Bejo, nome artístico de Borja Buche, coñecido polo seu éxito Hipi Hapa Vacilanduki. A continuación, Rebeliom do Inframundo, grupo referentes do rap en galego, ofrecerá temas da súa traxectoria musical con especial atención a 'Amor ou barbarie', disco publicado neste 2023.
O mércores será a quenda de Lamatumbá, grupo musical que combina diferentes estilos desde o ska á cumbia, pasando polo rock ou o pasodobre. Tamén actuarán nesa mesma noite Dakidarría, a banda fundada en 2003 en Valmiño e que ofrece ska punk e reggae.
Relacionadas:
-
Urbana Monte Porreiro despídese con Lamatumbá e Dakidarría
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Bejo e Rebeliom do Inframundo fan estremecer Monte Porreiro
Por Redacción |
-
RADIO.- Dakidarría traen os seus vinte anos de traxectoria á Urbana de Monte Porreiro
Por Marisa Ciordia |
-
Do 7 ao 11 de agosto, blues e soul vibrarán na Ferrería no 29º Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Anxo Lourido |
-
Fillas de Cassandra, A Banda da Loba, Leilía e Sés retumbarán con voz de muller as noites da Ferrería
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra busca ser un "fervedoiro" cunhas Festas de Verán convertidas no 'Pontevedra Verán Fest'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |