Preto de 7.000 persoas escoitarán no Revenidas a Ska-P, Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus e Dakidarría
Por Redacción
O recinto do festival Revenidas en Vilaxoán encherase con 6.900 persoas este sábado para acudir a unha xornada apoteósica de actuacións tan destacadas como Ska-P, que ofrece o seu único concerto deste ano.
Tamén se trata dunha cita na que Rodrigo Cuevas presentará de maneira exclusiva o adianto dos temas de Manuel de Romería, o disco que está previsto que sexa publicado o 22 de setembro.
Dakidarría tamén subirá ao escenario dentro das actuacións do 20 aniversario da banda do Val Miñor, coa participación de máis de cincuenta artistas invitados. O concerto será gravado para posteriormente publicalo cun documental sobre esta agrupación.
Desde as 11.00 horas deste sábado a música non para nesta cita cultural con Duendeneta e manterase ata as 04.00 horas, cando Me Fritos and the Gimme Cheetos ofrezan o seu recital.
Ao longo da xornada soben ao escenario O Rabelo; Heredeiros da Crus; K1Za; Lamatumbá; Mondra; Familia Caamagno; The Rapants; Rodrigo Cuevas, La Élite; Ska-P; Nativa; Dakidarría; Me Fritos and the Gimme Cheetos; ademais de Kris K DJ.
O domingo 10 será xornada de sardiñada popular coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona; La Yaya DJ; unha gala de circo solidaria e Xosé Lois Romero e Aliboria