'Falemos como galegas' de Migallas Teatro chega a Meaño
Por Redacción
Durante o espectáculo van formularse preguntas sobre por que a situación da lingua galega é a actual, cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela ou cal é o futuro do galego?
“Falemos como galegas” é un espectáculo de humor interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de pequenas pezas cómicas e cancións de autor.
María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Señora. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa 'Luar' da Televisión de Galicia e gran representante do "castrapismo".