'Scaratuja' deleita os bebés
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Explorar os sentidos dunha forma lúdica e impregnada de dramatismo. Esta é a fórmula que se traballaba na proposta de estimulación infantil desenvolvida no Teatro Principal pola compañía Catarsis Teatro.
A agrupación forma parte da delegación brasileira que acompaña ao psicopedagogo e debuxante Francesco Tonucci durante a súa nova visita a Pontevedra.
'Scaratuja' é o título desta iniciativa teatral na que participaron 30 parellas formadas por un bebé e un adulto.
Con esta actividade búscase ofrecer unha nova visión do mundo para estes menores de tres anos guiados por numerosas liñas que se desenvolven en infinitas direccións.
A experiencia permite percorrer o debuxo desde o garabato ata a representación de formas xogando a descubrir desde a diversión ata a creatividade máis libre.