'Insubmisas. Mulleres na loita no Sáhara Occidental' se proyecta este 1 de noviembre en el Principal
Por Redacción
No ano 2022, un grupo de mulleres elaboraron un informe con 81 testemuños de violacións de dereitos humanos cometidas polas forzas de Marrocos. O informe levaba por título 'Que salga todo á luz. Violacións de dereitos humanos das mulleres no Sahara Occidental ocupado (1975-2021)'.
Daquel informe nace 'Insubmisas. Mujeres en loita no Sahara Occidental', un documental que recolle as historias das mulleres que posibilitaron aquela iniciativa. Tres mulleres activistas dos dereitos humanos e dúas diplomáticas saharauís ofrecen neste documental unha homenaxe á resistencia das mulleres do pobo saharauí por converterse nun exemplo para persoas que loitan pola liberdade e a xustiza.
O documental mostra tamén imaxes capturadas dos territorios ocupados do Sahara Occidental recollendo a violencia empregada polas forzas marroquís contra a poboación, principalmente, no Aiún.
Esta produción tamén recolle a violación do cesamento do fogo por parte de Marrocos e o xiro realizado polo Estado español en relación coa situación do Sahara Occidental.
O material ofrécese con catro secuencias de animación que presentan a crueza de casos de violacións de dereitos humanos presentados en 'Que salga todo á luz', nun formato realizado para protexer a identidade das mulleres protagonistas.
A cita será, con entrada libre, este mércores 1, ás 20.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra coa presenza das persoas que dirixiron o filme, Laura Daudén e Miguel Ángel Herrera.
A iniciativa está organizada pola Fundación Cuña-Casasbellas, coa colaboración da CXT e o Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Deputación aborda co seu ministro de Sanidade as necesidades de cooperación cos campamentos de refuxiados do Sáhara
Por Redacción |
-
Tres nenos saharauis son acollidos este verán por familias de Pontevedra
Por Redacción |
-
Achegamento á loita saharauí para conmemorar o 50 aniversario do Fronte Polisario
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |