Tres nenos saharauis son acollidos este verán por familias de Pontevedra
Por Redacción
Tres nenos saharauis son acollidos este verán por familias do concello de Pontevedra a través do proxecto posto en marcha pola organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps).
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recepcionou este mércores a estas familias participantes no programa ‘Vacacións en paz’, un proxecto de integración social nacido xa no ano 1979, que logra, ano tras ano, que centos de nenos saharauis gocen dunhas vacacións en Galicia.
Nesta ocasión, os nenos que están a pasar as súas vacacións de verán en terras pontevedresas están a gozar dun xeito especial das festas da cidade e das xoubiñas, prato estrela para unha das crianzas, tal e como lle confesou ao rexedor da cidade do Lérez.
Dous dos nenos repiten por segundo ano consecutivo, namentres un cativo é o primeiro ano que visita Pontevedra. Os tres amosaron a súa ledicia polo agarimo recibido e pola idea de pasar un verán distinto, lonxe da calor que se chega alcanzar nesta época do ano no seu territorio; amais de verse beneficiados dun intercambio cultural e dunha aprendizaxe máis que positivos para o seu crecemento persoal.
Relacionadas:
-
'Insubmisas. Mulleres na loita no Sáhara Occidental' se proyecta este 1 de noviembre en el Principal
Por Redacción |
-
Achegamento á loita saharauí para conmemorar o 50 aniversario do Fronte Polisario
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
"Nós cremos na nosa forza, na forza do pobo saharauí", afirma en Bueu o cineasta Lafdal Mohamed Salem
Por Redacción |