Domingos do Principal chega ao seu ecuador co espectáculo 'Nina Ninette'
Por Redacción & Cristina Saiz
O ciclo de teatro familiar Domingos do Principal chegou este 5 de novembro ao seu ecuador cunha dobre función no Teatro Principal de Pontevedra.
Nesta ocasión, os nenos, nenas e adultos presentes puideron contaxiarse da fantasía do espectáculo 'Nina Ninette', da compañía local Determinada Cia.
"Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Pero Nina estraña a súa casa e decide irse. A cuestión é que este mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi fácil entrar pero moi difícil saír. Lograrao?", explicaba o texto promocional do espectáculo, recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.
Tras esta cita o ciclo Domingos do Principal vivirá unha nova xornada o próximo 12 de novembro (12.00 e 18.30 horas) con 'Hugo', da compañía Os Náufragos, Premio María Casares 2022 ao Mellor Espectáculo Infantil.
Relacionadas:
-
Ao berro de 'No nos moverán' finaliza o ciclo de Domingos do Principal
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Humor para pequenos e maiores con Marcel Gross na penúltima cita de Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pasándoo de fábula no Principal co esquío e o ourizo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Baobab Teatro triunfa co seu "Ás para Álex" no inicio de Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Á venda novos abonos do ciclo Domingos do Principal por mor da alta demanda
Por Redacción |
-
Domingos do Principal arranca tempada o 15 de outubro
Por Mónica Patxot & María José Pita |