Humor para pequenos e maiores con Marcel Gross na penúltima cita de Domingos do Principal
Marcel Gross, o pallaso que co seu peculiar estilo e co seu selo inconfundible marcou varias xeracións, volveu a entreter a pequenos e maiores en Pontevedra.
Fíxoo co seu último espectáculo, Particular, co que protagonizou as dúas sesións da penúltima cita do ciclo Domingos do Principal.
En Particular, o coñecido 'clown' catalán ofreceu unha montaxe no que mesturou a sensibilidade do pallaso, a reticencia do bufón e a comunicación do showman.
Todo iso a partir dun personaxe que garda a lúa nunha caixa de cartón e recolle aplausos, que chegou a Pontevedra para coller a realidade e transformala a través da risa e da imaxinación.
Domingos do Principal concluirá o vindeiro domingo 26 de novembro. Será co espectáculo No nos moverán da compañía Titiriteros de Binéfar.
Marcel Gross entretén nenos e maiores nunha nova cita con Domingos do Principal
Marcel Gross, o pallaso que co seu peculiar estilo e co seu selo inconfundible marcou varias xeracións, volveu a entreter a pequenos e maiores en Pontevedra. Fíxoo co seu último espectáculo, Particular, co que protagonizou a penúltima cita do ciclo Domingos do Principal
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Domingos do Principal chega ao seu ecuador co espectáculo 'Nina Ninette'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pasándoo de fábula no Principal co esquío e o ourizo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Baobab Teatro triunfa co seu "Ás para Álex" no inicio de Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |