O Benidorm Fest 2024 terá talento pontevedrés: Yoly Saa entra na loita para representar a España en Eurovisión
Por Natalia Puga
Pontevedrá estará representada no Benidorm Fest 2024. A cantautora local Yoly Saa foi seleccionada entre os 16 artistas e bandas que competirán nesta cita da que sairá o representante de España na próxima edición de Eurovisión.
O festival organizado por RTVE deu a coñecer este sábado a lista de 16 seleccionados en Sevilla. Tras anunciarse o seu nome, Yoly Saa mostrouse "muy contenta, muy ilusionada" pola selección. "Muchísimas gracias por querer contar conmigo", dixo á organización.
Yoly Saa recoñeceu o difícil camiño percorrido desde que deixou Pontevedra e foise a Madrid a cantar no Metro. "Yo salí de mi casa diciéndole a mis padres: "en dos añitos vuelvo porque el metro no creo que dé para mucho". Y bueno, pues aquí estamos, a veces los sueños se cumplen", dixo, emocionada.
A cantautora tamén insiste en que presenta ao Benidorm Fest "una propuesta potente" e está a desexar "subirme al escenario y cantar, que desde luego es lo que mejor se me da".
Desde o festival destacan dela que se formou de forma autodidacta e, durante moito tempo, mantívoo como un hobby, compaxinándoo cos seus estudos universitarios como mestra e co fútbol sala, que chego a xogar a nivel profesional.
En 2022 lanzou o seu álbum debut e participou no festival Dúos Incribles, no que quedou en terceira posición. Desde entón, traballou en solitario e tamén realizou traballos para outros artistas, como Luz Casal e Malú.
O festival difundiu este sábado un vídeo de todos os participantes no que a artista natural de Pontevedra recoñece: "Estoy muy ilusionada, la verdad, y deseando que ya podáis escuchar las canciones".
O certame celebrará en Benidorme dúas semifinais os días 30 de xaneiro e 1 de febreiro e unha Gran Final o día 3.
A lista completa de participantes intégrana, ademais de Yoly Saa: Almácor (solista), Angy Fernández (solista), Dellacruz (solista), Jorge González (solista), Lérica (dúo), Mantra (banda), María Peláe (solista), Marlena (dúo), Miss Caffeina (banda), Nebulossa (dúo), Noan (solista), Quique Niza (solista), Roger Padrós (solista), Sofía Coll (solista) e st. Pedro (solista).
¡Estos son los 16 participantes del #BenidormFest2024!
— Benidorm Fest (@BenidormFestTVE) November 11, 2023
Los vamos a ir conociendo durante estos meses... ¡y los vamos a querer!
El 14 de diciembre descubriremos los temas que nos tienen preparados para #ElFestivalQueQuieres https://t.co/XjBaIJfddl pic.twitter.com/m5bibrIsEf
Relacionadas:
-
Yoly Saa e o seu "No se me olvida" quedan fóra da final do Benidorm Fest
Por Alejandro Espiño |
-
"No se me olvida", a canción que Yoly Saa levará ao Benidorm Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Yoly Saa, do Poio Pescamar ao escenario do Benidorm Fest: "Queremos desexarlle toda a sorte do mundo"
Por Diego Espiño |