Yoly Saa, do Poio Pescamar ao escenario do Benidorm Fest: "Queremos desexarlle toda a sorte do mundo"
Por Diego Espiño
Aos seus 31 anos a vida de Yoly Saa está chea xa de experiencias, como a que aparece no seu horizonte coa selección para participar no próximo Benidorm Fest e por tanto como candidata para representar a España no próximo festival de Eurovisión.
Esta pontevedresa deixouno todo por apostar polo seu soño musical, entre iso unha carreira no fútbol sala que a levou ata a máxima categoría nacional.
Yoly xogou primeiro no Leis Pontevedra para, con 19 anos, fichar por un Poio Pescamar que buscaba o seu ascenso a Primeira División. Era 2012 e esa tempada a entidade conserveira lograría un histórico ascenso coa agora artista no seu plantel.
Xa na elite, Yoly Saa estaría tres tempadas máis no equipo, unha época na que empezaba a destacar na música e na que tamén compaxinaba todo con estudos de Educación Infantil.
"Pode que non continuase no fútbol sala, pero dende logo que da súa vida podemos aprender moitísimas cousas e, por tanto, témola como un referente. A súa ambición e perseveranza por dedicarse ao que máis quería está a dar os seus froitos e, desde o Poio Pescamar, queremos desexarlle toda a sorte do mundo. Quen sabe, quizá cumpra a súa promesa e gañe o Benidorm Fest cantando o que será o noso himno (nós tamén podemos soñar)", sinala a entidade deportiva sobre a súa ex-xogadora, á que animarán con todas as súas forzas no próximo Benidorm Fest.
Relacionadas:
-
Yoly Saa e o seu "No se me olvida" quedan fóra da final do Benidorm Fest
Por Alejandro Espiño |
-
"No se me olvida", a canción que Yoly Saa levará ao Benidorm Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Anna Escribano, á altura da balón de ouro Aitana Bonmatí ou de Pep Guardiola
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar queda seco en Melilla (3-0)
Por Redacción |
-
Traballada vitoria do Poio Pescamar ante o pechacancelas Leganés (1-5)
Por Redacción |
-
O Benidorm Fest 2024 terá talento pontevedrés: Yoly Saa entra na loita para representar a España en Eurovisión
Por Natalia Puga |