O Poio Pescamar queda seco en Melilla (3-0)
Por Redacción
Freada ás aspiracións do Poio Pescamar, que este sábado encaixou unha dolorosa derrota na cancha dun rival directo por alcanzar os postos de play-off, o Melilla Torreblanca.
Non foi o día do cadro conserveiro, desacertado en ataque. Tanto que foi o seu segundo partido en toda a tempada na que non logrou anotar, algo que só lle pasou no debut ligueiro. Evitouno a falta de puntería e tamén unha vella coñecida, a gardameta internacional Silvia Aguete, cunha gran actuación.
Arrincou o partido cun Poio Pescamar con maior presencia en ataque, pero aínda que o probou Ale de Paz o que chegaría primeiro sería o 1-0, no primeiro achegamento perigoso das locais aos 4 minutos cunha rápida transición culminada por Beatriz Souza.
Consulta a acta do partido entre Melilla Torreblanca e Poio Pescamar.
Tentou reaccionar inmediatamente o conxunto vermello, pero Silvia empezaba a amargar a tarde cunha dobre intervención ante Elena Aragón e Carla Ayensa.
As xogadoras adestradas por Luis López-Tulla non lograban perforar a meta rival, pero tampouco o Melilla ampliaba diferenzas cunha segura Elena baixo paus.
Cunha diferenza mínima chegouse ao descanso, e o marcador tampouco se movería nos instantes iniciais da continuación, aínda que o Melilla roldouno.
Necesita algo diferente o Poio e o seu adestrador apostaba por xogar de cinco con Ale de Paz a falta aínda de 10 minutos para o final. A furtbolista vermella, máis que ser decisiva en ataque, evitaba como porteira coa axuda do traveseiro o segundo.
Os minutos pasaban sen premio, ata que no 37 o equipo local golpeou de novo, poñendo moi difícil xa puntuar. De novo marcaba Beatriz Sousa 'Bia' aproveitando a porta baleira tras un roubo sobre Martita.
Puido recortar distancias o Poio Pescamar, atopándose Laura Uña co poste. Non era o día e o que llegaria sería a sentenza a segundos xa do final co 3-0 definitivo, obra de Ana Luiza.
Relacionadas:
-
Repartición de puntos nun vibrante derbi entre Poio Pescamar e FSF Castro (2-2)
Por Redacción |
-
'Manita' do Poio Pescamar ao Marín Futsal no Derbi da Ría
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un Derbi da Ría con dous equipos necesitados de puntuar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar queda sen tempo para culminar a remontada (3-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Anna Escribano, á altura da balón de ouro Aitana Bonmatí ou de Pep Guardiola
Por Redacción |
-
Empate épico entre Poio Pescamar e Futsi Navalcanero (5-5)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Traballada vitoria do Poio Pescamar ante o pechacancelas Leganés (1-5)
Por Redacción |
-
Yoly Saa, do Poio Pescamar ao escenario do Benidorm Fest: "Queremos desexarlle toda a sorte do mundo"
Por Diego Espiño |
-
Remontada no último minuto do Poio Pescamar sobre o Atlético Torcal (3-1)
Por Redacción |