Mostra pictórica de Tato Heredia e Javier Albatros no Liceo Casino
Por Redacción
A partir do luns 4 e ata o 22 de decembro, a sala de exposicións do Liceo Casino acollerá a mostra pictórica conxunta dos artistas Tato Heredia e Javier Albatros na sede situada en Manuel Quiroga.
Javier Albatros é un pintor nado en 1950 en Pontevedra e combina esta faceta coa de fotógrafo e autor de colaxe. exerce como fotógrafo profesional en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.
Tato Heredia, artistas pontevedrés nado en 1956, ofrece nos seus traballos pictóricos un reflexo dos costumes e estilos de vida e de traballo de Galicia.
Principalmente desenvolve obras en acuarelas e acrílicos coas que xoga con cores vivas reflectindo paisaxes e augadas que mostran o clima gris de Galicia. Tamén desenvolve retratos realistas.
A mostra poderá visitarse de luns a sábado, en horario de 10.00 a 22.00 horas.