O Imua Paddle Surf Club Aguete, premiado pola súa programación deportiva
Por Redacción
A XIV Gala dos Premios Galicia á Xestión Deportiva organizada pola AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva) recoñeceu o labor dun novo club marinense, o Imua Paddle Surf Club Aguete.
A pesar de levar só un par de anos no circuíto autonómico e nacional, o Imua Paddle Surf Club Aguete foi premiado como a entidade coa mellor actividade e programación deportiva de Galicia durante o 2023.
O xurado tivo en conta o labor da entidade marinense creando xunto a outros dous clubs a Liga Galega de Pádel Surf, organizado unha das probas autonómicas de longa distancia da tempada 2023.
Ademais a entidade de Aguete aposta polo seu deporte como unha opción inclusiva.
O premio foi recollido polo presidente do Imiua, Guillermo José Roca de Togores Cela, xunto a unha representación do equipo: Alexia, Laura, Daira, Amalia e Lucía.