O Burela afianza o seu liderado á conta do Poio Pescamar (1-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Pescados Rubén Burela é aínda máis líder da Primeira División despois de golear ao Poio Pescamar na Seca. O cadro vermello adiantouse cun gol de Laura Uña aos 14 segundos, pero as visitantes repuxéronse de forma inmediata para terminar sentenciando por 1-5.
Cun golazo de Laura Uña de vaselina desde a banda adiantouse o Poio Pescamar no derbi galego deste sábado, pero o Burela, lonxe de sucumbir ante o 1-0, púxose ao choio para tentar devolver o empate o máis pronto posible.
Cunha Elena moi forte en portería aguantou o asedio o equipo visitante, pero tanto vai o cántaro á fonte que o 1-1 non tardou en chegar. Irene Samper, aos cinco minutos, devolveu a igualada; no minuto oito Dany finalizou no segundo pau unha boa transición individual de Rafinha; e un minuto despois, tras un roubo en campo rival de Cami Gadeia, Emily subiu o 1-3.
Despois do paso polos vestiarios e en vistas de que a pesar de acumular chegadas en área do Burela as súas xogadoras incapaces de reducir diferenzas, López-Tulla optou polo xogo de cinco a falta de nove minutos para a conclusión do duelo.
Lonxe de conseguir o seu labor, as da Mariña sentenciaron cun gol a portería baleira da gardameta Jozi e outro de Irene Samper.
Relacionadas:
-
Tres puntos de ouro para o Poio Pescamar ante o Móstoles (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Partidos de enorme valor para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo do ano para o Poio Pescamar (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Xornada clave para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |