Primeiro triunfo do ano para o Poio Pescamar (0-3)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar conseguiu este sábado o seu primeiro triunfo do ano despois de gañar ao Les Corts por 0-3 grazas ao gol do Rocío Gómez e o dobrete de Elena Aragón.
Era unha proba esixente para o conxunto conserveiro, que xa caera no partido de ida na Seca (1-2) e buscaba o desquite ante este recentemente ascién ascendido que está a ser a revelación da tempada.
De feito, foi o cadro local o que protagonizou a primeira ocasión do partido cun remate de Kris que se foi desviado.
Respondeu o instante o Poio Pescamar cunha alta presión que provocou unha serie de chegadas perigosas que foron o preludio do primeiro tanto. Primeiro Saki buscou a Laura Uña, pero non chegou a rematar, e despois cun envío de Martita que Elena Aragón finalizou desde o chan.
A que si acertou foi Rocío Gómez tras unha presión moi intensa en campo contrario por parte das vermellas. Carla Ayensa roubou a carteira ao seu par, cedeu a Rocío e esta definiu para subir o 0-1 ao luminoso cando se alcanzaba o ecuador do primeiro tempo.
Un minuto despois, Ale de Paz buscou o 0-2 cun disparo raso que a gardameta despexou coa perna, o técnico local pediu tempo morto coa intención de devolver o empate ao encontro, pero foron as visitantes as que puxeron máis terra polo medio pouco antes de chegar ao descanso tras un roubo de Elena Aragón que ela mesma aloxou na portería local.
Despois do paso polos vestiarios non tardou en chegar o terceiro gol da tarde. De feito, cumpríronse tan só tres minutos da segunda parte cando Elena Aragón, a pase de Carla Ayensa, fixo o 0-3 co que deixaba sentenciado o partido.
Buscou a reacción o equipo local, pero Sandra Buzón encargouse de frustrar todas e cada unha das chegadas á súa área. Primeiro tentouno Laia e despois Luci cun man a man que gañou a porteira.
Quedaban 12 minutos para a conclusión e o Les Corts optou polo xogo de cinco con Laura Oliva, pero a zaga conserveira, ben posicionada en todo momento, mantivo a portería a cero para levar o triunfo final por 0-3.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar recupérase tras a Supercopa e golea o Rayo Majadahonda
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar supera o Roldán e xogará a final da Supercopa
Por Almu Dapena |
-
Tres puntos de ouro para o Poio Pescamar ante o Móstoles (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Partidos de enorme valor para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Xornada clave para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Burela afianza o seu liderado á conta do Poio Pescamar (1-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar evita os 'cocos' no sorteo da Supercopa de España
Por Diego Espiño |
-
Repartición de puntos nun vibrante derbi entre Poio Pescamar e FSF Castro (2-2)
Por Redacción |