O pontevedrés Pablo Caínzos, subcampión galego de squash
Por Redacción
Pablo Caínzos, xogador do Squash Pontevedra, proclamouse esta fin de semana subcampión galego de squash no campionato autonómico disputado en Vigo.
No torneo, que se xogou nas pistas de Balaídos, Caínzos só cedeu na final ante Fernando Ferrer, de Squash Club Santiago, que se impuxo nun disputado partido que acabou 3-1.
En categoría feminina, a xogadora Olivia Mon, de Monstruitos Squash de Lugo, fíxose co campionato ao impoñerse na final por 3-0, á xogadora de Cíes Squash, Elena Rodríguez.
O campionato foi organizado pola Federación Galega de Squash e polo Cíes Squash.
Relacionadas:
-
Squash Rías Baixas, o nacemento dun club para "tentar rescatar" o seu deporte en Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O pontevedrés Pablo Caínzos conquista a Copa Ibérica de squash
Por Redacción |
-
Caínzos e González, do Squash Pontevedra, triunfan no campionato galego sub 15
Por Redacción |