O Boa Vila toca metal no Campionato de España de Tiro con Arco
Por Redacción
O Club Boa Vila de tiro con arco festexa os resultados conseguidos polos seus seteiros no Campionato de España de modalidade 3D celebrado en Valdepeñas, Cidade Real.
A entidade pontevedresa pisou o podio en varias categorías grazas ao bo facer de Alberto Villarroel e María del Carmen Férnandez.
Ambos se fixeron coa medalla de ouro na categoría mixta por equipos de arco tradicional.
Ademais no plano individual Villarroel conseguiu o bronce na categoría de arco tradicional masculino, mentres que María del Carmen Férnandez proclamouse subcampioa nacional na mesma modalidade.
Todo un éxito para un club como o Boa Vila que referenda o traballo realizado nos últimos meses.