Cheo absoluto en Rías do Sur no comezo do Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Case dous anos despois o Complexo Deportivo Rías do Sur acolle o Campionato de España Máster de Inverno de Natación, última competición que acolleu antes do peche das instalacións e a posterior saída da empresa concesionaria das instalacións que puxo en xaque ao deporte pontevedrés.
Quizais por iso ver desde este xoves 8 de febreiro a piscina olímpica pontevedresa a rebordar de competidores e familiares de deportistas era dobre motivo de orgullo para toda a organización do evento.
Durante catro xornadas, ata o vindeiro domingo día 11, pasarán por Ponte Muíños ata 1.330 deportistas de 161 clubs de toda a xeografía nacional, unha alta participación que xa desde a primeira xornada encheu de colorido as instalacións.
A competición desenvólvese en distancia de 25 metros, pero todo o complexo empápase dun campionato no que o máis importante é gozar do deporte.
É a sexta vez que Pontevedra é sede do Nacional Máster de Inverno de Natación, un dos campionatos que move a un maior número de competidores de todos os organizados pola Real Federación Española de Natación.
Relacionadas:
-
Un Campionato de España Máster de récord
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Récord do Mundo na segunda xornada do Nacional Máster de Natación en Ponte Muíños
Por Diego Espiño |
-
A borrasca Karlotta dificulta a chegada de deportistas ao Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |
-
Alberto Castro: "Queremos que Ponte Muíños se converta nunha sede nacional, estamos a negocialo"
Por Diego Espiño |
-
Todo preparado en Ponte Muíños para o Nacional Máster de Natación: "Este tipo de eventos interesan polo que moven"
Por Diego Espiño |
-
O Nacional Master de Natación de Inverno, unha competición coa que Rías do Sur pecha o círculo
Por Diego Espiño |