Pistoletazo de saída para a tempada do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz arranca a tempada 2014 co reto de manterse, por sétimo ano consecutivo, como mellor equipo nacional elite e sub-23.
A escuadra ciclista dirixida por Evaristo Portela presentouse este mércores a pouco máis dunha semana da súa primeira competición, o Circuito del Guadiana, en Don Benito, o día 23 de febreiro na primeira proba da Copa España.
Esta competición será un dos obxectivos da tempada, pero non o único porque como recoñece Portela "las carreras de un día es muy difícil ganarlas y por el motivo que sea aún no encontramos ese corredor que sea capaz de disputar la Copa de España".
O director do equipo alimenticio defende que "nuestro fuerte son las carreras por etapas", e por iso as probas marcadas en vermello no calendario "son las tres vueltas de Galicia (Coruña, Lugo Galicia) y la Vuelta a León. Toda la preparación va a ir encaminada a esas carreras".
Para conseguilo o Froiz deberá repoñerse a baixas importantes como García de Mateos ou Ángel Vallejo e á redución de corredores nun equipo que queda en 17 efectivos máis os dous ciclistas paralímpicos, César Neira e José Enrique Porto, unha decisión que non se toma por motivos presupostarios, senón "porque no hay carreras".
José Antonio De Segovia e Pedro Merino serán, en principio, os xefes de filas do equipo, á espera de completar o equipo "con un refuerzo importante de última hora", segundo o sinalado por Evaristo Portela.
Ademais de Merino as novas altas son David Francisco, Cristóbal Sánchez, Antonio Portela, Samuel Blanco e Javier Pérez, que se unen aos ciclistas que continúan na escuadra como Aser Estévez, Sergio Míguez, José Luis Mariño, Miguel Gómez, Roberto Mediero, Samuel Rodríguez, Gonzalo Serrano e Iván Roade.
Tras estrearse en Extremadura, o Supermercados Froiz afrontará dúas clásicas en Zamora e unha volta en Portugal de cinco días na que participarán equipos profesional, citas que segundo Portela "para los élite va a ser la preparación de cara a la Volta a Coruña del mes de mayo".