O filial granate, tocado e afundido polo Celta C Gran Peña (4-2)
Por Redacción
O Pontevedra B continúa incapaz de levantar cabeza e encadea a súa cuarta xornada consecutiva perdendo e mantense nos postos críticos de Terceira Federación.
A última derrota foi ante un Celta C Gran Peña que, pola contra, leva quince partidos puntuando que lle permiten seguir na loita pola primeira praza da categoría.
En canto ao encontro, o filial celeste non tardou demasiado en abrir o luminoso. Fíxoo aos dez minutos por medio de Óscar Gil, pouco despois Manuel Rancaño fixo o gol do empate, pero Óscar Lorenzo devolveu a vantaxe ao Celta C.
Xusto antes do descanso, José Rivera fixo o terceiro e repetiu na segunda metade desde o punto de penalti. Jairo López recortou diferenzas no 80 para os granates, pero a pesar dos intentos de remar, terminaron caendo por 4-2.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Dobrete de Lansande para amargar a tarde ao Pontevedra B
Por Redacción |
-
Casais, de penalti, dá tres puntos vitais ao Pontevedra B
Por Redacción |
-
Aprazada ata o Xoves Santo a xornada 25 da Terceira RFEF
Por Redacción |
-
Derrota ante o Rápido de Bouzas dun Pontevedra B que acumula tres xornadas sen puntuar (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Goleada do Viveiro ao Pontevedra B nun duelo clave pola permanencia (5-1)
Por Redacción |
-
O Arteixo sentencia o Pontevedra B no primeiro tempo (0-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |