Cómodo triunfo do Cisne ante o Bueu
Por Redacción
O Cisne conseguiu a súa cuarta vitoria da tempada ante o recentemente ascendido Bueu Atlético (35-30) nun partido que se empezou a romper nos últimos minutos da primeira metade.
Ata entón o xogo estaba bastante equilibrado, aínda que os pontevedreses sempre mandaron no marcador, pero antes do intermedio o equipo local conseguiu unha renda de sete goles que o Bueu xa non puido contrarrestar en todo o segundo periodo. O resultado non correu perigo para os lerezanos nos últimos 30 minutos de encontro.
Con estes dous puntos o Cisne ascende á quinta posición do grupo A na 1ª Nacional de Balonmano, mentres o conxunto buenense se estanca na penúltima posición cun só triunfo na presente liga.
CISNE BM: José Antonio Lafuente, Andrés Sánchez (1), Pablo Domínguez (12, 7p), Pachi Dacosta (5), Adrián Freiría (4), Alberto Casares (5), Pablo Rey, Dani Puente (3), Bruno Montesinos (1), Miguel Simón (2), Pablo Picallo (2), Álex Chan, Martín Iglesias, Pablo Galán.
BUEU ATLÿTICO: Del Río Estévez, Rodríguez Martínez, Juncal López (5), Suárez Pumariega (3), Otero Pousa (5), Quintans Novás (3, 1p), Soliño Otero (5, 3p), Villanueva Otero (1), Bacelar Fernández (5), Gómez Gómez, Piñeiro Graña, Bacelar Fernández, Saavedra Rodríguez (1), Quintela Pastoriza (2).
Árbitros: Jesús García Gavilán e Santiago Piñera Fombona.
Marcador cada cinco minutos: 3-2, 6-3, 7-5, 12-9, 16-11, 20-13, descanso, 23-16, 27-19, 29-22, 30-24, 32-27, 35-30.
Incidencias: Pavillón del Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.