Recital goleador na Seca e triunfo para o Poio Pescamar ante o Viaxes Amarelle (5-4)
Por Redacción & Cristina Saiz
Os afeccionados ao fútbol sala gozaron este sábado no Pavillón da Seca dun emocionante derbi galego entre Poio Pescamar e Viaxes Amarelle no que houbo, nin máis nin menos que nove goles. O equipo vermello foi superior a maior parte do tempo e apenas sufriu ata os compases finais.
A primeira parte foi un quero e non podo por parte de ambos os conxuntos. Laura Uña deu o primeiro aviso aos dous minutos de xogo e tan só un minuto despois Eli fixo o propio en área rojilla.
As ocasións brillaban pola súa ausencia e non foi ata pasado o ecuador do primeiro tempo cando os disparos a porta chegaron con maior claridade. Ale de Paz rematou un saque de esquina, pero desviado, e Carol probou fortuna para o Amarelle pero o seu disparo non atopou portería.
Todo cambiou no minuto 16. Carla Ayensa disparou e Pau, no seu intento de rexeite do esférico, tivo moi mala sorte e introduciuno na súa propia portería.
Tras o gol, a escuadra conserveira veu arriba e buscou o segundo custe o que custe por medio de Elena Aragón e de Laura Uña. A primeira roubou o coiro ao seu par e rematou contra a gardameta e a segunda disparou alto por moi pouco.
Despois do paso polos vestiarios chegou o aluvión de goles. Laura Uña subiu o 2-0 tras roubo de Ale de Paz nada máis comezar a segunda metade e dous minutos despois foi Rocío Gómez a que aproveitou outra asistencia da coruñesa para definir de forma perfecta e facer o 3-0.
A reacción do Viaxes Amarelle chegou ao momento cun contragolpe por medio de Eli que ela mesma transformou para reducir distancias, pero enseguida Saki, a pase de Martita, puxo máis terra polo medio e anotou o 4-1.
Aínda quedaba moitísimo partido por diante e o cadro visitante non se quería dar por vencido. De feito, tivo por medio de Lobo a reacción cunha potente falta directa que Elena non puido atallar e coouse no interior da portería.
Pero cando mellor estaba a xogar o seu equipo, o Poio Pescamar volveu golpear tras unha gran xogada de todo o equipo que finalizou Laura Uña cun chapeu á porteira.
Optou o Viaxes Amarelle por xogar con porteira-xogadora o últimos catro minutos de encontro. Nese tempo, Lau Doce aproveitou un balón morto dentro da área para facer o 5-3 e, a falta de 7 segundos para a conclusión, Eli fixo o propio para subir o 5-4 final.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Dous goles no segundo tempo para asaltar os postos de play-off
Por Almu Dapena |
-
Silvia Aguete e dúas xogadoras do Poio Pescamar, convocadas por España para un torneo cuadrangular en Portugal
Por Redacción |
-
Triunfo de ouro do Poio Pescamar para soñar co play-off (0-3)
Por Almu Dapena |
-
O último tren cara ao play-off do Poio Pescamar pasa por Alcorcón
Por Redacción |
-
Recepción provincial ao Poio Pescamar: "Sodes exemplo e espello"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Marta Peñalver rompe o cruzado do seu outro xeonllo once días despois de volver xogar
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal vencen a Burela e Castro e cítanse na final da Copa Galicia
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar recupérase tras a Supercopa e golea o Rayo Majadahonda
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para o Poio Pescamar ante o Móstoles (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |