Un Gran Camiño pasado por auga que deixou imaxes espectaculares na Boa Vila
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A provincia de Pontevedra foi escenario este domingo da etapa raíña da volta ciclista O Gran Camiño, unha competición que arrancou o xoves na Coruña e puxo o broche de ouro no Parque Natural do Monte Aloia, en Tui.
No caso desta cuarta e última xornada, estivo marcada polo forte vento e a choiva, pero eso non impediu que os afeccionados ao ciclismo gozasen dunha espectacular carreira con Jonas Vingegaard (gañador do Tour de Francia en dúas ocasións) como un dos grandes atractivos.
En canto á carrrera, os ciclistas saíron de forma neutralizada desde o centro urbano de Ponteareas ás 10.45 horas.
A volta continuou por Mondariz e despois por Quintáns, As Lombas, Forzáns, A Lama, Aguasantas, Pontecaldelas, Cerdedo Cotobade e o centro de Pontevedra.
Á Boa Vila o pelotón entrou pola Avenida de Lugo e seguiu por Loureiro Crespo, Rúa 12 de Novembro, Eduardo Pondal, Rúa da Estación e Avenida de Vigo en dirección Redondela pola N-550.
Continuaron por Arcade e Mos ata chegar ao Alto de San Cosme e dirixirse finalmente ata a liña de meta situada no Monte Aloia. Con todo, o mal tempo obrigou a organización a recurtar o percorrido e os corredores só subiron unha das dúas veces previstas a este alto de montaña.
O danés Vingegaard, como estaba previsto, coroouse por segundo ano consecutivo como rei desta carreira. Non deu opcións aos seus rivais durante toda a proba, tampouco é esta cuarta e última etapa, que rompeu a etapa a falta de tres quilómetros para a liña de meta.
Vingegaard avantaxou na cima do Monte Aloia en 15 segundos ao francés Lenny Martínez e en 45 ao británico Hugh Carthy. Na xeral, o danés superou ao francés Lenny Martínez en 1 minuto e 54 segundos. A terceira praza foi para Egan Bernal, que acabou a 2:10 do gañador.