A cuarta edición da BTT Transgalaica chegará a Carballedo o próximo 25 de febreiro
Por Redacción
A Chan de Carballedo será o vindeiro domingo 25 de febreiro o punto de partida da proba inaugural da décimo cuarta edición da proba do circuíto galego de maratón BTT Transgalaica.
A proba estará composta por un total de cinco carreiras nas que chegará ás catro provincias galegas, polo que a Cerdedo-Cotobade unirase Ames (10 de marzo), Silleda (24 de marzo), Friol (7 de abril) e Manzaneda (21 de abril).
En total estímase a participación duns 400 corredores nesta primeira carreira, na que se enfrontarán a un percorrido de 62 quilómetros nun circuíto de 31 quilómetros de lonxitude ao que é preciso dar dúas voltas polos montes da contorna da Chan, en Carballedo.
Dende as 8:30 horas, coa entrega de dorsais no Centro Cultural Antón Fraguas, Carballedo recibirá a deportistas e espectadores chegados de toda a xeografía galega e incluso de Asturias, Castela e León e do norte de Portugal.
A saída está programada para as 9:30 horas e a proba durará aproximadamente tres horas.
O evento foi presentado este venres polo deputado provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, xunto co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o director do Team Relay, organizador da proba, Javier Sánchez.
Todos fixeron especial mención ás comunidades de montes de Carballedo, Santa María de Sacos, San Xurxo de Sacos, Viascón, Tenorio, Rebordelo e Borela, que serán testemuña do paso dos deportistas durante toda a mañá.
Relacionadas:
-
Un Gran Camiño pasado por auga que deixou imaxes espectaculares na Boa Vila
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O mercadiño de Carballedo amplía as súas datas de celebración
Por Oskar Viéitez |
-
Diego Alonso e Lara Lois triunfan na primeira proba da Transgalaica
Por Redacción |
-
Carballedo dará o pistoletazo de saída á Transgalaica 2023 o 25 de febreiro
Por Redacción |
-
A Transgalaica regresa o calendario de BTT dous anos despois
Por Redacción |