Primeira xornada do Nacional Sub-12 e Sub-14 de fútbol sala en Sanxenxo, Poio e Meaño
Por Redacción
Os campionatos de España Sub-12 e Sub-14 de fútbol sala feminino levantaron este mércores o pano da competición en Sanxenxo, Poio e Meaño.
Fixérono cunha intensa xornada de partidos nos tres escenarios do torneo.
Para a Selección Galega, a estrea deixou unha cara e unha cruz no pavillón de Baltar.
A cara foi o triunfo do combinado Sub-12 no seu encontro fronte a Castela-A Mancha por 3 goles a 0.
En canto á cruz, deixouna Galicia Sub-14 ao caer no seu debut, aínda que o fixo fronte a unha das grandes favoritas ao título final, Cataluña (0-2).
Ambos os campionatos nacionais desenvolveranse ata o vindeiro domingo día 10, cos seus partidos ofrecidos en directo a través de canle de Youtube da Real Federación Española de Fútbol.