Terceiro posto para Antía Chamosa en Valencia no test da remuda mixta de marcha para París 2024
Por Diego Espiño
As opcións de Antía Chamosa de estar nos próximos Xogos Olímpicos de París 2024 son agora mesmo remotas, pero pasan pola nova proba de remuda mixta de marcha na que mostrou o seu bo nivel a fin de semana en Valencia.
Alí celebrábase o primeiro Critérium Internacional de Remuda Mixta de Marcha, competición organizada para testar estratexias e buscar as mellores parellas dentro do equipo nacional español nunha modalidade aínda con pouca experiencia para todos os países.
Antía Chamosa tomaba parte do criterium facendo parella con Míguel Ángel López, e aínda que non puido superar ao dúo formado polo dobre campión mundial Álvaro Martín e a recente subcampioa nacional de 20 quilómetros Laura García-Caro, si rendeu a gran nivel logrando unha das mellores marcas mundiais da nova especialidade.
Os atletas tiñan que completar distánciaa maratón (42,195 quilómetros) con dúas remudas cada integrante da parella.
A proba estivo dominada por Álvaro Martín e Laura García-Caro, cun tempo de 2:57:04 que quedou moi preto da mellor marca mundial lograda por Ecuador nos Xogos Panamericanos, a apenas 15 segundos. Pero é que o segundo equipo español cos campións nacionais Paul McGrath e Cristina Montesinos cruzou a meta 29 segundos despois (2:57:33) e Antía Chamosa e Miguel Ángel López fixérono no mesmo minuto, a só 49 segundos dos vencedores (2:57:53).
Ninguén ata o de agora, salvo Ecuador, foi máis rápido na substitución mixta que estas tres parellas españolas.
En Valencia tamén competiu Daniel Chamosa facendo parella Lida Sánchez-Puebla, finalizando na sétima posición.
Relacionadas:
-
Antía Chamosa, bronce mundialista por equipos nos 20 quilómetros marcha
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa, preseleccionada para o Mundial de Marcha por Equipos pero sen praza na remuda mixta
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, convocada ao criterium no que España probará a remuda mixta de marcha pensando en París 2024
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, quinta no Nacional de marcha e mínima para o Europeo de Roma
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa finaliza 29 no Mundial de 20 quilómetros marcha: "Xa era un premio estar aquí"
Por Redacción |
-
Antía Chamosa brilla no Nacional conseguindo a medalla de prata nos 10.000 metros marcha
Por Diego Espiño |