Comeza no campus de Pontevedra o Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos
Por Redacción
O campus de Pontevedra acolle desde este mércores o XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, no que compiten 35 equipos masculinos e femininos das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
O torneo, clasificatorio para o Campionato de España desenvolverase en dúas xornadas e comprende competicións de baloncesto, fútbol, voleibol, fútbol sala, balonmán e rugby.
Este mércores desenvolverase a competición de baloncesto masculino, a partir das 9.15 horas, no Pavillón de Deportes Municipal, e a de baloncesto feminino, a partir das 10.00 horas, no Pavillón Universitario.
Ao mesmo tempo, os campos de fútbol da Xunqueira acollerán os encontros de fútbol feminino e masculino a partir das 10.00 horas, mentres que, tamén a partir desta hora, o Multiusos da Xunqueira acollerá as dúas competicións de voleibol.
O xoves terán lugar as competicións de fútbol sala feminino, a partir das 9.15 horas no Pavillón Municipal, e masculino, no Pavillón Universitario desde as 10.00 horas.
Por outro lado, o Multiusos da Xunqueira acollerá os partidos de balonmán masculino e feminino a partir das 10.00 horas, mentres que as competición de rugby masculina e feminina desenvolveranse en Monte Porreiro, tamén a partir das 10.00 horas.
Tanto hoxe mércores 13 como o xoves 14, o salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal acollerá, ás 16.15 horas, o acto de entrega de premios das modalidades disputadas en cada xornada.
Relacionadas:
-
Música sinfónica e tradicional conxugáronse no Concerto de Primavera do campus
Por Redacción |
-
Aberta a inscrición nas probas para o acceso a Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Por Redacción |
-
O ciclo vital do lobo, a cetraría ou a prevención de incendios centran a Semana Forestal 2024
Por Redacción |