Máis de 100 embarcacións para un sábado de bateis en Bueu
Por Redacción
O Club do Mar de Bueu organiza este sábado, 16 de marzo, a XIV Bandeira de Bateis Concello de Bueu.
Unha xornada deportiva que contará coa presenza dun cento de embarcacións de once clubs e que se desenvolverá a partir das 16.00 horas.
A proba, clásica xa no calendario autonómico, terá formato de regata en liña, con quendas lanzadas cun minuto de intervalo e cinco minutos entre cada categoría.
A saída estará situada no porto de Buau cara á praia de Robaleira, con distancias adaptadas ás diferentes categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub-23 e abosluta, tanto feminina como masculina.
Os clubs participantes son: Samertolameu, Tirán, Chapela, Virxen da Guía, Vila de Cangas, Cesantes, Robaleira, Amegrove, Mecos, Vilaxoán e Bueu.