O Club Atletismo Rías Baixas crea o I Criterium Gustavo Dacal
Por Diego Espiño
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra acollerá o vindeiro sábado 23 de marzo unha competición atlética pensada especialmente para as probas de lanzamentos, incluída a categoría adaptada.
Trátase do I Criterium Gustavo Dacal, organizado polo Club Atletismo Rías Baixas, e que para a súa primeira edición contará con "máis de 320 participantes, a maioría menores", explicou en representación do club Jesús Cortegoso.
Ademais de carreiras infantís de diferentes distancias segundo a idade dos participantes, desde a categoría prebenxamín, nas pistas do CGTD daranse cita "sete dos mellores lanzadores de deporte adaptado" do país, segundo confirmou na presentación do evento o propio Gustavo Dacal secundado polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.
A competición arrancará ás 16.00 horas da tarde cos lanzamentos adaptados, para prolongarse ata a aproximadamente as 20.00 horas prometendo unha bonita xornada de atletismo na Boa Vila.
Relacionadas:
-
Gustavo Dacal, seleccionado para a súa primeira competición internacional como atleta paralímpico
Por Redacción |
-
Lanzadores como Gustavo Dacal e Frank Casañas transmiten a súa paixón polo atletismo en Caritel
Por Redacción |
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |