O Pontevedra prepárase para recibir un Marino de Luanco "difícil de bater"
Por Diego Espiño
Partido importante e "complicado", asegura Yago Iglesias, o que vivirá o vindeiro domingo 24 (17.00 horas) o Pontevedra Club de Fútbol coa visita do Marino de Luanco ao Estadio Municipal de Pasarón.
A sete xornadas para o final da competición, os granates non queren deixar escapar puntos do seu estadio, e terán en fronte a un rival que aínda que está a rozar os postos de descenso é o terceiro equipo menos goleado da liga.
"Os números din que non gañan moitos partidos fóra pero tampouco os perden", asegura o adestrador do equipo pontevedrés sinalando como "o seu principal punto forte é o colectivo".
Todo ademais sen ser excesivamente defensivos a pesar dos poucos goles en contra porque "cando os ves non son un equipo que opte de inicio por meter o autobús", encomia Iglesias.
En canto ao Pontevedra, "estamos a insistir moito en volver ser ese equipo equilibrado", afirmou Yago Iglesias sobre os goles en contra recibidos nas últimas xornadas.
A mellor noticia para o técnico granate é que poderá contar con todo o plantel á súa disposición para o choque salvo Marcos Barbeiro, concentrado coa súa selección, recuperando a Churre tras cumprir un encontro de sanción.
Relacionadas:
-
Moitas ocasións e poucos goles ante o Marino dun Pontevedra que xa é líder en solitario (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Churre: "Se queremos quedar campións non pode escapar ningún punto de aquí"
Por Diego Espiño |
-
Marcos Barbeiro, baixa ante o Marino ao ser convocado pola selección de Santo Tomé e Príncipe
Por Diego Espiño |
-
Agarrados aos goles de Charly López
Por Diego Espiño |
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra ante o Rayo Cantabria (2-2)
Por Almu Dapena |