A 'tripla coroa' do TM Monte Porreiro e Judith Cobas en Narón
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro celebra os bos resultados conseguidos polos seus deportistas no Campionato Galego Absoluto celebrado durante a fin de semana na localidade coruñesa de Narón.
A maior protagonista no club pontevedrés foi Judith Cobas, dando continuidade ao bo momento que vive tras proclamarse campioa do Torneo Estatal.
Cobas asinou en Narón unha 'tripla coroa', ao conseguir o triunfo na categoría individual, nos dobres femininos coa súa compañeira Laura Forte e no dobres mixto facendo parella con Cristofer Santiago.
Aínda por riba o Monte Porreiro pechou a competición subindo ao máis alto do podio a nivel de clubs na categoría feminina.
Tamén subiron ao caixón de honra nos cadros individuais Noa Bernárdez, Mariña García e Cristofer Santiago, todos eles con senllos terceiros postos, e Noa Bernández e Mariña García no dobres feminino, no que caeron na final fronte ás súas compañeiras de equipo.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro reencóntrase coa vitoria ante o CTT Olot e asegura a cuarta praza (1-4)
Por Redacción |
-
O líder non dá opción ao Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro, sen opcións ante o San Sebastián de los Reyes (4-1)
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Judith Cobas tras o seu triunfo no Torneo Estatal de tenis de mesa
Por Redacción |
-
Judith Cobas, flamante campioa do Torneo Estatal de tenis de mesa
Por Diego Espiño |