Bo papel do Galaico no Campionato Galego Infantil e Júnior
Por Redacción
O Club Natación Galaico obtivo unha boa colección de medallas no recentemente disputado Campionato Galego Infantil e Júnior.
En Ourense os nadadores pontevedreses colgáronse catro oros, repartidos entre Paula Goyanes e Nuria Erselle, sete pratas e tres bronces en probas individuais, ao que hai que sumar dous oros, dúas pratas e catro bronces máis nos relevos.
Por equipos o Galaico finalizou en segundo lugar en ambas as dúas categorías, por detrás da Agrupación Deportiva Liceo en Infantil e do equipo anfitrión, o Pabellón Ourense, en Júnior.
A competición, disputada o pasado fin de semana, serviu ademais de preludio do Campionato de España Infantil que se celebrará no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra entre os días 27 de febreiro e 2 de marzo.