Goleada ante o Paiosaco dun contundente Arosa (0-3)
Por Redacción
Segundo triunfo a domicilio en poucos días para o Arosa. Tras a vitoria do Xoves Santo en Betanzos o conxunto arlequinado sacou a súa versión máis sólida este domingo no campo do Paiosaco (0-3) para lograr tres puntos que lle consolidan na terceira posición.
Os de Luisito ven cada vez máis preto a súa clasificación para o play-off de ascenso, mantendo cinco puntos de marxe sobre o sexto clasificado.
Era un duelo trampa para o Arosa, e é que o seu rival chegaba á cita xogándose moito, ao estar ao bordo dos postos de descenso directo, e por riba o vento condicionaba o xogo.
Javi Pereira adiantou aos de Vilagarcía pouco antes do descanso nunha gran acción, superando uns primeiros minutos de dúbida e chegando ao intermedio co 0-1 no marcador.
No segundo acto, xa co vento a favor, o equipo arousán exhibiu a súa pegada cos goles de Rubo de penalti no minuto 61 e Iñaki Martínez no 81 que terminaba de sentenciar o encontro.
Relacionadas:
-
Goleada da UD Ourense ao Arosa nun partido con aroma a play-off (4-1)
Por Redacción |
-
Goleada do Arosa a un tocado Pontevedra B (3-0)
Por Redacción |
-
O Arosa rasca un empate en casa do líder Bergantiños
Por Redacción |
-
O Arosa recupera o terceiro posto co seu triunfo en Betanzos (1-2)
Por Redacción |
-
Diego Rey sentencia o Arosa no minuto 88 (0-1)
Por Redacción |
-
Iñaki Martínez dá os tres puntos ao Arosa
Por Redacción |