O Villalonga tira de efectividade para dobregar ao Cerceda
Por Redacción
Vitoria balsámica para o Villalonga en San Pedro. Logo de tres derrotas consecutivas en liga os homes dirixidos por Guillermo Fernández conseguiron derrotar ao Cerceda (1-0) grazas á efectividade cara portería e principalmente ao sufrimento defensivo ante un equipo visitante que gozou de multitude de ocasións na segunda metade.
O Villalonga sobrepúxose aos numerosos problemas, como a recaída de Machu aos 25 minutos ou a expulsión de Roberto Feáns no tramo final do choque, para conseguir tres puntos que lle colocan nunha cómoda posición na clasificación.
Os locais aproveitaron unha das poucas ocasións das que gozaron para anotar o único gol do partido. Miguel, no minuto 25 cabeceou un saque de esquina, o primeiro, botado por Saúl ao segundo pau. A partir dese momento, Roberto Pazos converteuse no heroe local grazas a un bo número de intervencións, moitas delas de mérito, que mantiveron baixo control a un Cerceda que necesitaba imperiosamente os tres puntos logo dun inicio irregular de competición.
VILLALONGA FC: Roberto Pazos, Isma, Leo, Marc, Roberto Feáns, Miguel, Tenorio, Javi Nogueira (Quini, min.75), Machu (Pedro, min.25), Saúl, Piñeiro (Gaby, min.72).
CCD CERCEDA: Darío, Noé, Hugo García (Pablo Antas, min.46), Aitor Díaz, Souto (Herber, min.75), Josito, Julio Bayo, Álex Canedo, César Otero, Anxo (Remeseiro, min.46), Quique Cubas.
Árbitro: Rodríguez Barreira (Vigo). Amonestou a Leo, Marc, Javi Nogueira e Roberto Pazos no Villalonga e a Quique Cubas, César Otero e Noé no Cerceda. Expulsou ao xogador local Roberto Féans por dobre amarela no mintuo 71.
Goles: 1-0 min.19, Miguel de cabeza á saída dun saque de esquina.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.