Festa granate para quentar motores para o Pontevedra CF - Ourense CF
Por Cristina Saiz
A afección granate encheu as rúas da Boa Vila na previa ao partido entre o Pontevedra e o Ourense CF deixando imaxes que facía tempo que non se vían pola cidade.
Ademais, na chaira de Tribuna instalouse unha carpa con DJ en directo, venda de churrasco, polbo e bebidas para amenizar a previa a un gran derbi galego que saíu cruz para a inchada local.
A festa estivo servida tanto fose como dentro do campo. A afección non deixou de animar en ningún momento e os xogadores trataron de cumprir deixando os tres puntos en Pasarón, pero o conxunto ourensán foi máis contundente e terminou levándose unha vitoria que os alza ao primeiro chanzo da categoría e, con iso, a opción do ascenso directo a falta de tan só dúas xornadas por disputarse.
Relacionadas:
-
Da unión bancada-equipo á tensión en só sete días
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras a derrota ante o Ourense CF: "Hai momentos clave nos que non estivemos á altura"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Excesivo castigo e paso atrás do Pontevedra de cara ao ascenso directo (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Granatismo e ilusión coa afección a un día do partido entre o Pontevedra e o Ourense CF
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias: "A ilusión, o traballo e a humildade nos trouxeron ata aquí"
Por Almu Dapena |
-
O Ourense CF estará arroupado por preto de 300 afeccionados en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Música, comida e bebida para unha 'festa granate' previa ao Pontevedra-Ourense
Por Diego Espiño |