O Pontevedra 'rescata' a Roelio máis dun ano despois
Por Diego Espiño
A volta de Roelio ao Estadio Municipal de Pasarón foi unha das notas de cor nunha xornada que terminou sendo triste para o Pontevedra Club de Fútbol.
O club granate decidiu recuperar do ostracismo á súa mascota para o duelo fronte ao Ourense, unha xornada que estaba marcada en vermello no calendario e que supuxo, de longo, a mellor entrada da tempada (7.772 espectadores).
A presenza de Roelio foi todo un reclamo especialmente para os afeccionados máis novos, que non dubidaron en pedirlle ao seu óso favorito fotografías, especialmente nun tempo de descanso no que percorreu as catro bancadas do estadio.
Facía máis dun ano que o Pontevedra non recorría a Roelio, e é que ultimamente a mascota só fai acto de presenza nos días importantes, por exemplo o curso pasado foi a participación do equipo na Copa do Rei.
Relacionadas:
-
'Reseteo' granate para apurar as opcións en Abegondo, con viaxe organizada para afeccionados
Por Diego Espiño |
-
Da unión bancada-equipo á tensión en só sete días
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras a derrota ante o Ourense CF: "Hai momentos clave nos que non estivemos á altura"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Excesivo castigo e paso atrás do Pontevedra de cara ao ascenso directo (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |