Preparan unha homenaxe pública a Maite Méndez no CGTD
Por Diego Espiño
Todo o deporte pontevedrés e sobre todo o Club Baloncesto Arxil seguen impactos pola repentina perda de Maite Méndez.
As mostras de agarimo cara á adestradora foron constantes desde a triste noticia do seu falecemento, o pasado martes, e por iso o Arxil decidiu render un último tributo a unha persoa sen a que non se entende a súa historia.
"Queremos convidar a todos a participar neste adeus, desde onde ela máis cómoda se atopaba, na pista de xogo", explica a entidade deportiva.
Este acto público de homenaxe, aberto a xogadoras, adestradores, pais, nais e a toda a cidadanía en xeral, terá lugar o vindeiro luns 29 de abril ás 19.00 horas no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
"Todos estamos en débeda con esta muller, todos debemos estar preto desta familia verde que estes días está a pasalo tan mal", conclúe o Arxil animando a participar da xornada.
Relacionadas:
-
A homenaxe máis sentida a Maite Méndez: "Sempre no teu equipo, xefa"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Domusa Teknik esperta o Arxil do soño do ascenso (55-40)
Por Almu Dapena |
-
Heroico Arxil, a unha vitoria do ascenso (58-72)
Por Almu Dapena |
-
Derrota ante o Bosonit Unibasket dun Arxil que se afasta do ascenso (61-72)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Arxil no inicio da fase de ascenso no seu partido máis difícil e emotivo
Por Diego Espiño |
-
A fase de ascenso á Liga Feminina Challenge como homenaxe a Maite Méndez
Por Diego Espiño |
-
Loito no deporte pontevedrés: Falece Maite Méndez, adestradora do Arxil
Por Diego Espiño | Creada e actualizada