A Universidade de Vigo vence na segunda edición da 'Oxford-Cambridge' pontevedresa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Non é o río Támesis nin deportistas de Oxford e Cambridge, pero emulando á popular regata inglesa o río Lérez foi escenario este luns dun cara a cara remeiro entre a Universidade de Vigo e a Escola Naval Militar de Marín.
Era a segunda edición da Regata "Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio", Trofeo Ría de Pontevedra, organizada polos dous participantes en colaboración do Gremio de Mareantes de Pontevedra e a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
A competición, con saída desde o peirao das Corvaceiras, contaba cun percorrido de 2.000 metros con dous ciabogas de 1.000 metros cada unha.
Participaban por unha banda alumnos da Universidade de Vigo, en concreto de Ciencias da Educación e do Deporte, Fisioterapia e tamén da Escola de Enxeñaría Forestal, e polo outro alumnos da Escola Naval Militar. Fixérono en tres categorías de bateis cunha proba feminina, outra masculina e unha terceira mixta.
Aínda que o resultado non era o máis importante, ao tratarse dunha regata cuyo obxectivo era estreitar lazos entre ambas as intituciones, a gañadora desta ocasión foi a institución universitaria.