Bueu acolle este sábado a novena edición da Bandeira de Traineriñas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Bueu acollerá o este sábado 4 de maio a regata IX Bandeira de Traineriñas, unha proba organizada polo Club do Mar Bueu Simei e o Concello de Bueu, que se poderá seguir dende o peirao da vila a partir das 16.30 horas.
Nela participarán ao redor de 300 competidores en 41 embarcacións das categorías cadetes, xuvenís e absoluta, tanto en masculino como en feminino, dos clubs Bueu, Samertolameu, Chapela, Mecos, Robaleira, Tirán, Cesantes, Virxe da Guía, Coruxo, Vilaxoán e Moaña.
Todas elas deberán completar un percorrido que consta de 3500 metros e irá dende o peirao de Bueu cara a praia de Portomaior.
Na presentación da competición estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Javier Pazos, da directiva do Club do Mar Bueu Simei.