Yago Iglesias: "Faremos o que estea nas nosas mans para pasar a eliminatoria"
Por Redacción
"Vivimos un partido idéntico ao que estamos a ver no último mes de competición", recoñeceu Yago Iglesias despois da derrota do Pontevedra ante o Deportivo Aragón.
Aínda que é consciente de que os seus xogadores fixeron unha primeira parte moi boa e tiveron o partido controlado, perder supuxo un pau moi grande para todos. "Imos doídos e tristes", admitiu. Os goles do rival "son pequenos detalles, tes que manterche vivo os 90 minutos" dunha eliminatoria de 180, por iso "temos que gañar na casa".
Iglesias espera para o encontro de volta "un Pasarón cheo" e "unha boa acollida" por parte da afección porque asegura que o seu equipo "vai saír a por todas e quererá gañar desde o minuto uno. Faremos o que estea nas nosas mans para pasar a eliminatoria", sentenciou.
Relacionadas:
-
Defender o balón parado convértese nunha psicose para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estrélase en Zaragoza (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Emilio Larraz, adestrador do Deportivo Aragón: "Espero ao mellor Pontevedra"
Por Almu Dapena |
-
Yago Iglesias: "Quero gañar e vir a Pontevedra cun paso dado"
Por Almu Dapena |
-
Garay defende que o Pontevedra ten en Zaragoza "un escenario inmejorable para demostrar nuestro fútbol"
Por Diego Espiño |