Esixente calendario para o Pontevedra no tramo final de liga
Por Diego Espiño
Unha única derrota nos últimos doce partidos de liga situou ao Pontevedra Club de Fútbol na pelexa pola primeira posición da Terceira División, pero o camiño que teñen por diante os granates no seu obxectivo de meterse na fase de ascenso preséntase complicado.
Nos oito partidos que restan para que finalice a competición regular os pupilos de Manu Fernández deben enfrontarse ao primeiro, segundo, cuarto e quinto clasificado, con só tres encontros en Pasarón e cinco a domicilio.
Con todo os números invitan ao optimismo pois os granates, actualmente con seis puntos de vantaxe sobre a quinta praza e a dous do liderato, estanse mostrando máis fiables precisamente ante equipos da zona alta e lonxe do seu estadio, onde acumulan catro triunfos consecutivos.
O Pontevedra aínda debe xogar ante Boiro, Somozas, Cerceda e ÿrdenes
Este tramo final comeza para o Pontevedra coa súa visita ao Deportivo B (10º). Despois chegará a quenda de Barbadás (9º) en casa, Cerceda (4º) e Negreira (16º) fóra, ÿrdenes (5º) en Pasarón, Boiro (1º) a domicilio e Somozas (2º) en casa para finalizar fóra ante o Dorneda (19º).
En total catro enfrontamentos ante rivais directos nunha Terceira División que conta con sete aspirantes claros a pelexar polos postos de play-off.
En canto aos rivais, o líder Boiro só contará con dous duelos directos, ante o propio Pontevedra e a última xornada de liga, na que recibe ao ÿrdenes, un panorama similar ao do segundo na táboa, o Somozas, que ademais de cruzarse cos granates este próximo fin de semana debe render visita ao As Pontes.
O cuarto en discordia, o Cerceda, tamén debe xogar cos de Manu Fernández, ademais de acudir a Ordes na penúltima xornada, un ÿrdenes que de chegar con opcións xogarase todo nos dous últimos partidos ante o propio Cerceda e o actual líder, o Boiro.
Tamén con opcións mantense o As Pontes, a dous puntos da cuarta praza, cun choque por diante ante o Somozas e outro ante o último invitado á loita pola promoción, un Choco que está sétimo a catro puntos do play-off e que afronta un calendario máis benévolo, pois só contará con ese enfrontamento ante un equipo da zona alta.
Relacionadas:
-
Kevin Levis volve a salvar o Pontevedra e un gol seu derrota (1-0) o Rápido de Bouzas
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada