A chuvia altera o programa escolar de rugby na rúa do Mareantes
Por Redacción
O programa de iniciación ao rugby que o Mareantes incluíu este ano dentro do Festival de San Patricio só puido completar unha das dúas xornadas previstas.
A chuvia obrigou a suspender o segundo día, no que se esperaba que acudisen alumnos dos institutos da Xunqueira I, Valle Inclán e Illa de Tambo de Marín.
A cancelación chega tras o éxito do primeiro día, no que máis de 100 escolares dos institutos Sánchez Cantón, Abrente de Portonovo e tamén o Valle Inclán gozaron do rugby na rúa na instalación habilitada na Avenida Monteiro Ríos de Pontevedra.
Por este motivo, e aínda que o Festival de San Patricio se clausure o próximo domingo, dende o Mareantes confían en poder completar a actividade nas próximas semanas.